SETEX APARKI, S.A.
Avda. de Lugo nº 4 Baixo
15702 Santiago de Compostela
Tel.:981 553 066
Horario de atención ao público
De 9:00 a 14:30 e de 16:00 a 20:30

DEPÓSITO MUNICIPAL
Rúa de Amio S/N
15707 Santiago de Compostela
Tel.:981 577 754
Atención 24 horas
A BAIXA DEFINITIVA dun vehículo é o trámite polo que o titular deste comunica ao Rexistro da Dirección Xeral de Tráfico que o retira da circulación definitivamente.

Tan só con unha chamada, a empresa SETEX APARKI, S.A. comprométese á entrega do vehículo a un Centro Autorizado de Tratamento de Residuos Sólidos para que proceda a súa baixa inmediata.

Deste xeito, simplemente con cubrir o documento de renuncia ao vehículo ou con chamar ao noso número de contacto, nos encargaríamos de todo e vostede desfaríase do vehículo coa maior comodidade, evitando que o vehículo siga xerando gastos, sen ter que abonar ningunha taxa e sen perder tempo con incómodos trámites burocráticos.