SETEX APARKI, S.A.
Avda. de Lugo nº 4 Baixo
15702 Santiago de Compostela
Tel.:981 553 066
Horario de atención ao público
De 9:00 a 14:30 e de 16:00 a 20:30

DEPÓSITO MUNICIPAL
Rúa de Amio S/N
15707 Santiago de Compostela
Tel.:981 577 754
Atención 24 horas
TAXA POLA RETIRADA E RECOLLIDA DE VEHÍCULOS DE TRACCIÓN MECÁNICA NAS VÍAS PÚBLICAS MUNICIPAIS:

Artigo 1º: Fundamento e natureza.
No uso das facultades concedidas polos artigos 133.2 e 142 da Constitución e polo artigo 106 da Lei 7/1985 do 2 de abril, reguladora das Bases do Réxime Local, e de conformidade co disposto nos artigos 15 e 20.4 z do Real Decreto Lexislativo 2/2004, de 5 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei reguladora das Facendas Locais, e do disposto nos artigos 38, 70 e 71 do Real Decreto Lexislativo 339/1990, este Concello establece a taxa por recollida e retirada de vehículos da vía pública, que se rexerá por esta Ordenanza Fiscal, as normas da cal atenden ó previsto no artigo 57 do citado Real Decreto Lexislativo, e pola Ordenanza Xeral de Circulacion e uso da vía Pública.

Artigo 2º: Feito impoñible
Constitúe o feito impoñible desta taxa: 1- Retirada, traslado e depósito de vehículos, nas circunstancias sinaladas na Ordenanza Xeral de Circulación e Uso da Vía Pública. A taxa queda supeditada ao acordo plenario. 2- A inmobilización por medio dun procedemento mecánico de acordo co previsto na Ordenanza Xeral de Circulación e usa da Vía Pública.

Artículo 3º. Sujetos Pasivos.
Son suxeitos pasivos desta taxa en concepto de contribuíntes as pesoas físicas ou xurídicas, e as entidades a que se refire o artigo 34.5 da Lei 58/2003, de 17 de decembro, Xeral Tributaria que resulten afectados pola prestación do servizo.

Artigo 4º: Responsables.
1º-Responderán solidariamente das débedas tributarias as persoas ou entidades ás que se refire o artigo 42 da Lei 50/2003, de decembro, Xeral Tributaria. 2- Serán responsables subsidiarios as persoas ou entidades ás que se refire o artigo 43 da Lei 58/2003, de 17 de decembro, Xeral Tributaria.