SETEX APARKI, S.A.
Avda. de Lugo nº 4 Baixo
15702 Santiago de Compostela
Tel.:981 553 066
Horario de atención ao público
De 9:00 a 14:30 e de 16:00 a 20:30

DEPÓSITO MUNICIPAL
Rúa de Amio S/N
15707 Santiago de Compostela
Tel.:981 577 754
Atención 24 horas

12/07/2013
A partir da próxima semana, en Santiago de Compostela, poderase aparcar sen ter que usar o parquímetro.

O Concello de Santiago de Compostela, a través do Grupo Setex, lanza e-park, a nova aplicación móbil para o aparcamento.

Esta aplicación gratuíta, dispoñible inicialmente para iPhone e Android, aínda que en próximas datas será compatible con todos os sistemas operativos de smartphone, permite aos usuarios realizar todas as funcións propias dos parquímetros instalados na rúa con moita máis comodidade e sinxeleza.

Os usuarios obteñen, entre outras, as seguintes vantaxes:
  • Non teñen que levar moedas.
  • Poden alongar o tempo de estacionamento sen volver ao coche.
  • Reciben un recordatorio cando está próximo a expirar o tempo de estacionamento autorizado.
  • Poden anular denuncias dende o móbil.
  • E o mellor de todo, pódelles saír gratis o estacionamento.
En efecto, os tíckets en vigor, cando xa non son necesarios, poden ser ofrecidos ao resto dos usuarios que poden "capturalos" para o seu uso.

Esta función, rexistrada por Setex, converte o estacionamento nunha rede social na que uns usuarios ofrecen a outros a posibilidade de aparcar gratis.

O sistema e-park revoluciona o estacionamento regulado, facéndoo máis amigable e sinxelo.
E-park, o parquímetro persoal no teu móbil.

Pode descargar a aplicación e-park gratuitamente picando a continuación, na ligazón correspondente.





DESCARGA DO MANUAL
Máis información en www.e-park.es

01/03/2013
Dende primeiros de marzo todas as tarxetas de residente se recollen nas nosas oficinas sitas na Avenida de Lugo, 4 baixo, en horario de 10 a 14 horas e de 16:30 a 20:30 de luns a venres. Sábados de 10 a 14 horas.

13/11/12
Encóntranse a disposición dos residentes domiciliados nas zonas de Sar e San Lourenzo as tarxetas válidas pra os próximos dous anos. Recórdase a obrigatoriedade de retiralas o antes posible. Así mesmo ,os residentes en Pontepedriña, Vite-Guadalupe,San Pedro, Almáciga e Ultreia que ainda non retiraran as súas tarxetas corren o risco de ser denunciados pois xa se está efectuando a vixilancia das mencionadas zonas.

13/11/12
Despois da campaña de información realizada a semana pasada no entorno da praza de Abastos no que está establecida a zona de curta duración (tempo máximo de aparcamento 1 hora) ,dende este luns comezou o funcionamento normal de esta zona denunciando os axentes as infraccións que se produzan. Como dato máis salientado comentar que é moi importante recordar a matrícula do vehículo xa que é obrigatoria a súa introdución no parquímetro no momento de sacar o tícket. Calquera dúbida sobre o servizo os axentes presentes na rúa non dubidarán en aclararlla.