SETEX APARKI, S.A.
Avda. de Lugo nº 4 Baixo
15702 Santiago de Compostela
Tel.:981 553 066
Horario de atención ao público
De 9:00 a 14:30 e de 16:00 a 20:30

DEPÓSITO MUNICIPAL
Rúa de Amio S/N
15707 Santiago de Compostela
Tel.:981 577 754
Atención 24 horas

TARXETA DE RESIDENTES POR RAZÓN DE DOMICILIO

As personas que residan ou aquelas que desenvolvan a súa actividade profesional en zonas onde existan prazas de aparcamento reservadas en exclusiva para residentes por razón de domicilio, poderán optar entre o domicilio particular o ben o domicilio profesional, aos efectos de obter o distintivo de aparcamento.

No suposto de elixir o domicilio profesional, poderán obter o distintivo de aparcamento que rexerá en horario laboral sempre que se acredite, ademais dos requisitos solicitados para obter o distintivo de aparcamento de residente por razón de domicilio, os seguintes extremos:
-No caso de ser empregado, contrato de traballo, acreditando a alta na Seguridade Social.
-No caso de empresarios e autónomos, a declaración censal de alta no Censo de obrigados tributarios e declaración de alta na Seguridade Social.

Distinguirase entre residentes en zona regulada e residentes en zona libre de sistema de regulación:

a) Residentes en zonas reguladas (Zona O.R.A.).

Nestes sectores, os vehículos que dispoñan de distintivo de aparcamento de residente en vigor correspondente a súa zona específica, aboando a tarifa establecida para o réxime xeral da zona O.R.A. na correspondente Ordenanza Fiscal poderán permanecer estacionados o dobre de tempo, é dicir, 240 minutos (excepto nas zonas de curta duración establecidas no Anexo II de esta Ordenanza).

Rematado o tempo aboado para aparcar, os condutores deberán deixar a praza de aparcamento da zona onde se atopa o sector, non podendo regresar para aparcar en ningún dos sectores da referida zona ata transcorridas dúas horas.

Usuarios: serán usuarios/as, as persoas que previo o pagamento das tarifas establecidas na correspondente Ordenanza Fiscal, estacionen nas zonas delimitadas para tal fin, un tempo máximo de 240 minutos, previa obtención do título habilitante (ticket) ou dispositivo electrónico autorizado.

b) Residentes en zonas libres de sistema de regulación:

Nestes sectores, os vehículos de residentes que dispoñan de distintivo de aparcamento de residente en vigor correspondente a súa zona específica, poderán aparcar sen abono de tarifa, con carácter gratuito.

Usuarios: Serán usuarias/os, as persoas que previa a concesión do distintivo de aparcamento estacionen nas zonas delimitadas para tal fin.

ZONAS DE RESIDENTES POR RAZÓN DE DOMICILIO EN ZONAS NO REGULADAS:

PONTEPEDRIÑA / VITE / SAN PEDRO / ALMÁCIGA / ULTREIA / SAR / SAN LOURENZO / PELAMIOS / SANTA MARTA / SAN ROQUE / FONTE DO OURO / OTERO PEDRAIO