SETEX APARKI, S.A.
Avda. de Lugo nº 4 Baixo
15702 Santiago de Compostela
Tel.:981 553 066
Horario de atención ao público
De 9:00 a 14:30 e de 16:00 a 20:30

DEPÓSITO MUNICIPAL
Rúa de Amio S/N
15707 Santiago de Compostela
Tel.:981 577 754
Atención 24 horas

TARXETA DE RESIDENTES POR RAZÓN DE MUNICIPIO

a)Zona regulada O.R.A.

Os vehículos que dispoñan de distintivo de aparcamiento de residente no municipio, aboando a tarifa establecida para o réxime xeral da zona O.R.A. na correspondente Ordenanza Fiscal poderán permanecer estacionados, nestes sectores regulados o dobre de tempo, é decir, 240 minutos (excepto nas zonas de curta duración establecidas na Ordenanza).

Rematado o tempo aboado para aparcar, os condutores deberán deixar a praza de aparcamento da zona onde se atopa o sector, non podendo regresar para aparcar en ningún dos sectores da referida zona ata transcorridas dúas horas.

Usuarios: Serán usuarios/usuarias, as persoas que previa concesión o pagamento das tarifas establecidas na correspondente Ordenanza Fiscal, estacionen nas zonas delimitadas para tal fin, un tempo máximo de 240 minutos, previa obtención do título habilítante (ticket) ou dispositivo electrónico autorizado.

b) Zonas libres de sistema de regulación.

Previo abono da tarifa que se estableza na correspondente Ordenanza Fiscal, os vehículos que dispoñan de distintivo de residentes no municipio, poderán estacionar nas zonas suxeitas ó réxime de residentes sinalizado en cor verde, durante o horario diurno de 9:00 horas a 20:00 horas.

Usuarios: serán usuarias/usuarios, as persoas que previa concesión do distintitvo de aparcamento de residente por razón de municipio estacionen nas rúas e prazas:

PONTEPEDRIÑA / VITE / SAN PEDRO / ALMÁCIGA / ULTREIA / SAR / SAN LOURENZO / PELAMIOS / SANTA MARTA / SAN ROQUE / FONTE DO OURO / OTERO PEDRAIO

+ Info

En todo caso, soamente poderá dispoñerse dun distintivo de residente por vehículo, sendo incompatibles os distintivos de residente por razón de domicilio, sexa particular ou profesional, co distintivo de residente por razón de município.